404 Concello de Carino – A Coruña

Cariño prepara unha estratexia de sustentabilidade ambiental

cartel-sustentabilidade-ambiental

O Concello está a elaborar unha estratexia coa que responder ao aumento do turismo e o consecuente aumento da demanda enerxética municipal.

Nos vindeiros días publicaremos uns cuestionarios nas redes sociais municipais para solicitar información á cidadanía e manteremos reunións con varios colectivos co obxectivo de obter toda a información posible sobre as posibilidades que o aumento do turismo poden representar para Cariño, así como poder adaptarse ao aumento da demanda enerxética e de recursos que require este aumento de poboación (incremento de residuos sólidos urbáns, aumento no consumo de auga, etc.).

Dito estudo, cofinanciado  pola Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) pretende a elaboración de estratexias de sustentabilidade ambiental que contribúan a mellorar o comportamento das entidades locais de Galicia fronte ao cambio climático, con base no estado ambiental actual, e que axuden á definición das mellores opcións de adaptación ao cambio climático.

Cariño pon en marcha a acción formativa ELABORACIÓN DE PRODUCTOS DERIVADOS DA MAZÁ

Dentro do programa carinoemprendeCariño Emprende, oportunidades de emprego no rural, os vindeiros meses de novembro e decembro terá lugar a acción formativa Elaboración de productos derivados da mazá.

Forma parte da convocatoria de axudas á xuventude do INJUVE e a FEMP para a realización de programas ou proxectos de actuación que inclúan actividades que fomenten as oportunidades de emprego, autoemprego e iniciativas empresariais para as persoas novas no ámbito local.

O Concello de Cariño foi un dos 30 beneficiarios da convocatoria, na que se presentaron 425 proxectos de entidades locais de toda España.

Está dirixida a persoas entre 16 e 35 anos, con prioridade para as persoas que cumpran algún dos seguintes requisitos:

Persoas desempregadas de longa duración.

Persoas cun nivel baixo de estudos.

Persoas en risco de exclusión social.

O programa formativo co que conta o curso é o seguinte:

Elaboración de productos derivados da mazá.
Prevención de Riscos Laborais.
Comunicación, redes sociais e venda online.
Emprendemento cooperativo.
Igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.

O curso formativo terá lugar no local social de Landoi, polas mañás ata decembro. O límite de prazas é de 15 e o prazo para anotarse remata o 25 de outubro. É totalmente gratuíto.

Para obter máis información, dirixirse ao Servizo de Emprego sito na Casa do Concello, no teléfono 981 405 064 ou no mail emprego@concellodecarino.com

Cariño remata a pavimentación das pistas de San Pedro en Feás e a de Lourido – Campanario

imagen-387

Xa están rematadas as obras de pavimentación das pistas de San Pedro en Feás e de Lourido-Campanario na parroquia da Pedra.

Unha obra que contou cun orzamento de 42.698,48€, dos que 7.410,48€ foron aportados polo Concello e os restantes 35.288€ corren a cargo do Plan de Melloras de camiños municipais a explotacións agrarias PDR de Galicia 2014 – 2020, convocatoria 2016, de AGADER.

A empresa adxudicataria da obra foi Construccións José No Mantiñan e Hijos.

imagen-389

Concertos de aCadaCanto e Khitara na Casa de Cultura

O próximo domingo 7 de xuño ás 8 da tarde celebrarase o concerto de aCadaCanto no auditorio da Casa de Cultura

Aquí tedes unha mostra do seu traballo: Aló

O sábado seguinte, 13 de xuño, ás 8 da tarde poderemos desfrutar do concerto de Khitara, tamén no auditorio.

Como exemplo do seu estilo: Stairway to heaven

O prezo das entradas será de 4€ para maiores de 18 anos, e de 2€ para os menores.

 

Exposición Fotográfica “Mulleres de Cariño”

Desde o luns 4 ata o domingo 17 de maio poderase visitar no Local Social de Cariño unha exposición de fotografías antigas que forma parte da conmemoración do Día da Muller.
A exposición ten carácter itinerante, polo que en próximas datas poderá visitarse en diferentes puntos do concello.
Para que esta exposición fora posible, desde o concello de Cariño agradécese a colaboración dos grupos de Envellecemento activo, de grupos de redes sociais e a veciñanza de Cariño, que permitiron o uso das fotografías.

2015 Exposición Fotográfica Mulleres de Cariño

Educación Pública

O Concello de Cariño conta no seu territorio con dous centros educativos de referencia, o Colexio Público de Educación Infantil e Primaria “Manuel Fraga” e o Instituto de Ensino Secundario “Cabo Ortegal”.

Fotografía do Instituto de Ensino Secundario Cabo Ortegal
Instituto de Ensino Secundario Cabo OrtegalFotografía do CEIP Manuel Fraga Iribarne
CEIP Manuel Fraga Iribarne

O CEIP Manuel Fraga Iribarne está situado nas inmediacións da praia da Basteira, e no mesmo impártense educación infantil e os seis cursos que conforman a educación primaria.

Pola súa banda, o IES Cabo Ortegal atópase integrado no complexo educativo e deportivo do barrio da Laguna-Barreiros. Neste instituto de ensino secundario pódense cursar, ademais dos cursos propios do Ensino Secundario Obrigatorio (ESO) e do Bacherelato, o ciclo de Técnico de Sistemas Microinformáticos e Redes, único en toda a comarca.

Nos últimos anos a veciñanza ten ademais a posibilidade de obter a titulación correspondente aos estudos secundarios, en tan só 2 cursos académicos, a través da Educación Secundaria para Adult@s, de carácter público e gratuíto, que se ofrece tamén no mesmo centro.

Para máis información: Web do IES Cabo Ortegal.

Pola súa banda, dende o Concello de Cariño establécese unha estreita colaboración coa comunidade educativa local, poñendo ao servizo desta non só actuacións culturais como teatro, música, etc., senón tamén tratando de achegar ata a vila exposicións e conferencias que poidan ser de interese para a formación da infancia e da mocidade.

Ademais, a Casa da Cultura preséntase como todo un referente para a xente mais nova, xa que alí atopan un completo servizo de biblioteca -na que se poñen en marcha periodicamente campañas de animación á lectura- así como un Aula de informática de uso libre con conexión gratuíta a internet na que poden achegarse ao manexo das novas tecnoloxías.

Na Biblioteca tamén se desenvolven as sesións de Contacontos e a proxección de películas infantís.

 

Recollida de mobles e electrodomésticos

O Concello de Cariño ofrece á veciñanza un servizo gratuíto de recollida de mobles e electrodomésticos vellos. Para facer uso deste servizo, a persoa interesada só ten que  acudir á recepción da Casa do Concello ou chamar ó 981405064 e indicar o tipo e cantidade de enseres que desexa desbotar, así coma o enderezo no que se faría a recollida. Dende o Concello  indicaráselles o día no que deben deixarse os mobles/electrodomésticos na rúa  -sempre nun lugar que cause as mínimas molestias ó resto da veciñanza-. Os mobles grandes deberán deixarse desmontados para optimizar a capacidade do servizo. A recollida realizase habitualmente os martes pola mañá.

Nova web

Esta páxina está en construcción. Pregamos desculpen as molestias.

 

logo_carino